Ir o contido principal

Especialistas de oito países estudan na USC o uso de organismos mariños nos sectores farmacéutico, cosmético e industrial

Cincuenta especialistas de Europa e América asistiron estes días na Escola Técnica Superior de Enxeñaría a un seminario sobre moléculas bioloxicamente activas de orixe mariña enmarcado no Proxecto Europeo BAMMBO que financia o VII Programa Marco no que participa a Universidade de Santiago de Compostela. A organización do seminario correu a cargo da catedrática do Departamento de Enxeñaría Química da USC, María Teresa Moreira. O obxectivo principal deste proxecto é o estudo de organismos mariños procedentes de diversos lugares do mundo como produtores sostibles de compostos de alto valor engadido para o seu uso nos sectores farmacéutico, cosmético e industrial. En concreto, os microorganismos que se avalían son bacterias, fungos, esponxas, microalgas, macroalgas e fermentos. No seminario participaron persoas procedentes de institucións e empresas do sector de Bélxica, Brasil, España, Francia, Italia, Irlanda, Portugal e Rusia así como o coordinador do Proxecto Bammbo, Daniel Walsh, e Tomas Calikowski, comisario Científico da Comisión Europea.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2012.