Ir o contido principal

A Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC participa no proxecto europeo Life-INVASAQUA para facer fronte ás especies exóticas invasoras acuáticas de auga doce

Xuntanza de lanzamento do proxecto celebrada en Murcia
Xuntanza de lanzamento do proxecto celebrada en Murcia
A Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC participa no proxecto europeo Life-INVASAQUA para facer fronte ás especies exóticas invasoras acuáticas de auga doce

A Estación de Hirobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC participa no proxecto europeo Life-INVASAQUA (Especies exóticas invasoras acuáticas de auga doce e sistemas de esteiros: Conciencia e prevención na Península Ibérica), cuxo obxectivo será sensibilizar e mellor o coñecemento entre os axentes sociais involucrados respecto dos programas ocasionados polas especies exóticas invasoras (EEI) nos ecosistemas acuáticos ibéricos.

O proxecto acaba de iniciar o seu desenvolvemento baixo a coordinación da Universidade de Murcia e integrando ademais como entidades asociadas as universidade de Navarra e de Évora, o Museo Nacional de Ciencias Naturais, a Associação Portuguesa de Educação Ambiental, a axencia EFE, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e os Recursos Naturais (UICN ), CSIC, e a Sociedade Ibérica de Ictioloxía (SIBIC). En total o seu orzamento será de algo máis de tres millóns de euros e encádrase no apartado relativo a Campañas de información, comunicación e sensibilización acordes coas prioridades do 7º Programa de Acción Ambiental.

Ademais das iniciativas que se desenvolven en materia de sensibilización, o proxecto deberá desenvolver ferramentas de referencia para a definición de alertas temperás eficientes que permitan mellorar a capacidade de resposta dun xeito áxil fronte potenciais novas especies invasoras en hábitats de auga doce e estuarios. O desenvolvemento do proxecto estenderase ao longo de 5 anos e sustentarase en 80 accións formativas de investigación e de comunicación, coa colaboración de voluntarios sobre o terreo e o apio de ferramentas en liña.

Esta liña de traballo xorde ante a dimensión que ten alcanzado a incidencia das especies exóticas invasoras , “unha das principais causas de perigo e extinción das especies nos sistemas de auga doce”. Os expertos estiman que o impacto económico das EEI ascende a 12 billóns de euros anuais e “os custes dos danos segue aumentando”. En 2014, a UE aprobou un ambicioso marco lexislativo sobre a regulación destas especies que, de implementarse e executarse, podería ser un paso crucial para alcanzar os obxectivos da Estratexia de Biodiversidade da UE para 2020.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2021.