Ir o contido principal

A Estación de Hidrobioloxía 'Encoro do Con' da USC recibe o Selo de Compromiso cara á Excelencia Europea 200+ da European Foundation for Quality Management

A Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC (EHEC) recibirá este venres 17 o Selo de Compromiso cara á Excelencia Europea 200+ da European Foundation for Quality Management (EFQM). A entrega realizarase a partir das 11:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome no transcurso dun acto presidido polo reitor Senén Barro, e no que tamén participarán o director comercial de Lloyds, Fermín Farina, e o director da EHEC, Fernando Cobo.
Este Selo é un recoñecemento á Estación da USC polas súas prácticas excelentes de xestión, enfocadas á mellora da organización dos seus recursos e á satisfacción permanente dos seus clientes e grupos de interese.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.04.2009.