Ir o contido principal

Esther Pedrosa Carrete e Xose Luis Otero Cepeda, campións de España de campo a través

Os atletas do club USC Esther Pedrosa Carrete e Xose Luis Otero Cepeda proclamáronse estea fin de semana en Xixón campións veteranos de España de Campo a Través. Esther Pedrosa, unha das mellores atletas galegas de fondo, demostrou que aínda hoxe na categoría M50 segue a estar nun magnífico estado de forma ao igual que Xosé Luis Otero Cepeda que renova o título, esta vez na categoría M60, engrosando así un palmarés recoñecido recentemente na Gala do Atletismo Galego. Pola súa banda, Manuel Vigo Otero tivo unha destacable actuación cun cuarto posto na proba M45-M50 na que tamén participou Santiago Estévez Lado, que rematou nun décimo primeiro lugar na categoría M50.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2012.