Ir o contido principal

Estudan cómo as transformacións experimentadas na paisaxe urbana de Pontevedra influíron na súa configuración actual

Estudan cómo as transformacións experimentadas na paisaxe urbana de Pontevedra influíron na súa configuración actual
Estudan cómo as transformacións experimentadas na paisaxe urbana de Pontevedra influíron na súa configuración actual
Unha tese da USC analiza a produción plástica sobre Pontevedra desde o XVI ata comezos do XX

A investigadora Carla Fernández Martínez defendeu este xoves na Facultade de Xeografía e Historia a súa tese de doutoramento ‘Iconografía de una ciudad atlántica. Memoria e identidad visual de Pontevedra’, dirixida polo profesor Juan Manuel Monterroso Montero dentro do grupo de investigación Iacobus da USC. No traballo ofrécese unha historia visual das transformacións experimentadas na paisaxe urbana pontevedresa e analízase cómo influíron na configuración actual da cidade e na percepción ao longo do tempo. Para iso, a xa doutora analiza diversas testemuñas significativas do patrimonio construído, tanto do conservado como do xa desaparecido, coa fin de ofrecer unha imaxe da cidade do Lérez o máis completa posible que enriqueza o coñecemento e estudio da súa memoria e identidade visual. Mais aínda que Carla Fernández estuda a produción plástica sobre o exemplo concreto de Pontevedra realizada desde finais do século XVI ata as primeiras décadas do XX, a investigación contextualízase nun proxecto más amplo dedicado á imaxe artística da cidade portuaria do Norte e Noroeste Peninsular, á que está dedicada a segunda parte da tese.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.10.2013.