Estudantado de Dereito visita o Parlamento Europeo
Un grupo de estudantes do grao en Dereito, o máster de Estudos Internacionais e do Programa de Doutoramento en Dereito realizaron unha visita á sede do Parlamento Europeo en Bruxelas os días 5 e 6 de decembro. A actividade, organizada pola profesora Carmen Montero Ferrer, pertencente á área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, levouse a cabo grazas ao patrocinio da eurodeputada Ana Miranda e contou co apoio do Decanato da Facultade de Dereito da USC.
Durante a visita, o estudantado tivo a oportunidade de coñecer as instalacións do parlamento e manter varias conversacións coa eurodeputada anfitrioa, nas que se falou de varias temas de interese para a mocidade que vive en Galicia, e especialmente da necesidade de protexer e defender os dereitos humanos e a paz internacional. “Queremos agradecer a Ana Miranda e o seu equipo que nos brindase esta magnífica oportunidade, así como a súa boa disposición e profesionalidade”, apuntan dende o equipo promotor da iniciativa.