Ir o contido principal

O estudantado da USC acada a metade dos premios fin de carreira de Galicia

Estudantes no campus de Santiago. Foto: Santi Alvite
Estudantes no campus de Santiago. Foto: Santi Alvite
Dos 101 galardóns, 50 foron para estudantado de graos de Lugo ou Santiago

Dos 101 premios fin de carreira que a Xunta de Galicia concedeu ao estudantado universitario que rematou os seus estudos en 2024 nas universidades do Sistema universitario de Galicia, 50 recaeron en estudantes da USC.

Na área de Artes e Humanidades, dos 12 premios concedidos, 8 foron parar á USC; na de Ciencias, 8 dos 13 outorgados; na de Ciencias da Saúde, 11 de 15; na de Ciencias Sociais e Xurídicas, 16 de 42; e na área de Enxeñaría e Arquitectura, o estudantado da USC fíxose con 6 dos 19 premios concedidos.

As persoas premiadas, que a Xunta daba a coñecer no DOG, recibirán unha contribución en metálico de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.05.2025.