A estudante da USC Susana Rodríguez nomeada mellor deportista feminina discapacitada

A alumna da USC Susana Rodríguez acaba de ser nomeada pola Secretaría Xeral para o Deporte como a mellor deportista feminina discapacitada do ano 2011. Natural de Vigo, Rodríguez Gacio proclamouse recentemente campioa do mundo de paraduatlón na categoría TRI-6 nunha competición na que participaron 1.150 deportistas de 35 países. Estudante de Medicina, a deportista leva varios anos adestrando e competindo tamén coa sección de natación do Club USC. O seu próximo reto con este club será o Campionato Galego Absoluto de Natación, que terá lugar en Ferrol a finais de mes.