Ir o contido principal

Estudantes de último ano, de máster e doutoramento son os destinatarios dunha nova edición do Curso de Innovación 360º

Estudantes de último ano, de máster e doutoramento son os destinatarios dunha nova edición do Curso de Innovación 360º
Estudantes de último ano, de máster e doutoramento son os destinatarios dunha nova edición do Curso de Innovación 360º

Estudantes de último ano de carreira, de máster e doutoramento son os destinatarios do Curso de Innovación 360º que a Fundación da Innovación Bankinter, a través do seu programa Akademia, trae novamente á USC. A Fundación presentará o programa desta iniciativa formativa o vindeiro martes 13 ás 12:00 horas nunha sesión na Aula de Formación do edificio Emprendia (Campus Vida). Trátase dun curso que ofrece para un máximo de trinta estudantes unha formación complementaria altamente valorada por empresas e institucións. A través do programa Akademia preténdese estimular unha actitude proactiva en innovación e espertar o espírito emprendedor, proporcionando unha visión global da innovación, facilitando o acceso a novas tecnoloxías como un medio natural e próximo, e fomentando a xestación e adaptación ao cambio. Con esta filosofía, o curso busca desenvolver as habilidades en innovación dos estudantes en distintos rexistros, sensibilizar respecto da innovación como a actitude necesaria para acadar vantaxes competitivas sustentables nas organizacións e orientar e espertar inquedanza cara o proceso de aprendizaxe.

As persoas interesadas en participar neste curso deberán enviar unha carta de motivación e o seu currículo antes do 19 de setembro ao enderezo de correo electrónico akademiafibk [at] bankinter.es (akademiafibk[at]bankinter[dot]es). Tamén se pode atopar máis información en http://www.fundacionbankinter.org.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2011.