Ir o contido principal

Estudantes do IES Isidro Parga Pondal de Carballo visitan a Escola Escola Politécnica Superior para coñecer a súa oferta de estudos

Estudantes do IES Isidro Parga Pondal, nas instalacións do Laboratorio de Micropropagación da EPS
Estudantes do IES Isidro Parga Pondal, nas instalacións do Laboratorio de Micropropagación da EPS

Un grupo de estudantes e docentes do IES Isidro Parga Pondal de Carballo visitaron este luns a Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, onde tiveron a ocasión de gozar dunha primeira experiencia universitaria na que visitaron diversos laboratorios do centro, ademais de participar nunha sesión académica guiada pola profesora Esperanza Álvarez.

A delegación estudantil desprezada ata Lugo aproveitou a súa estadía na sede universitaria luguesa para participar nunha visita guiada ás dependencias do Laboratorio de Micropropagación da EPS, onde o profesor Juan Luis Fernández explicou as distintas actividades que se realizan neste centro. A profesora do Departamento Edafoloxía e Química Agrícola da USC Esperanza Álvarez guiou logo unha charla co estudantado durante a que, baixo o título ‘A miña primeira clase’, debullou algún dos principios básicos da Edafoloxía, a fin de espertar o interese dos futuros universitarios por esta disciplina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2016.