Ir o contido principal

Estudantes de Medicina organizan a carreira da saúde o vindeiro sábado 30 de abril

Está aberto o prazo de inscrición da proba, que ten como lema ‘Trota ou camiña, pero fai exercicio’

Asociación estudantil Meiga (Medicina Intercambios Galicia) organiza a carreira da saúde, que baixo o lema ‘Trota ou camiña, pero fai exercicio’ terá lugar o vindeiro 30 de abril no Monte Pedroso (Santiago). Trátase dunha proba dirixida a todas as idades e a toda a familia, que ten como obxectivo promover o exercicio e hábitos de vida saudables. As persoas interesadas poden facer a súa inscrición a través dos enderezos electrónicos lacarreradelasalud [at] gmail.com (lacarreradelasalud[at]gmail[dot]com) e www.meigausc.org, e solicitar información telefónica, de luns a venres de 20:30 a 21.30 horas, no teléfono 645 444 136. O percorrido da carreira é de 5 quilómetros, aproximadamente, e desenvolverase entre A granxa do Xesto e Selva Negra, no Monte Pedroso, comezando a xornada ás 9:45 horas co reparto de dorsais e a partir das 11:30 as probas. Durante toda a carreira, repartiranse froita e bebidas e todos os participantes recibirán unha camiseta personalizada de regalo para que recorden sempre o lema da proba. Para o desenvolvemento da carreira, a organización conta co apoio da Vicerreitoría de Estudantes da USC, do Servizo de Deportes, do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia, do 061, da Sociedade Gallega de Endocrinología e do Concello de Santiago, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2011.