Ir o contido principal

Un estudo sobre o risco de transición climática e o seu impacto na estabilidade financeira, premio do Instituto Español de Analistas

Juan Carlos Reboredo recollendo o premio
Juan Carlos Reboredo recollendo o premio
Juan Carlos Reboredo, catedrático da USC e investigador de ECOBAS, Javier Ojea-Ferreiro e Andrea Ugolini recibiron o accésit dos premios Antoni Dionis Soler 2022
Santiago de Compostela

“O risco climático estase a converter nun factor determinante que impacta directamente nos beneficios das empresas”, sinala o catedrático Juan Carlos Reboredo, investigador de Ecobas, que acaba de ser recoñecido cun accésit nos premios Antonio Dionis Soler 2023 do Instituto Español de Analistas por un traballo sobre o reto das finanzas sustentables. O traballo de Juan Carlos Reboredo, titulado ‘Climate transition risks and financial stability’ e asinado xunto con Javier Ojea Ferreiro, da JRC European Commission, e Andrea Ugolini, da Universidade Milano-Bicocca, aborda esta cuestión e profunda en como o risco de transición climática, a través dos seus efectos nos prezos dos activos pode afectar a estabilidade financeira. A proposta premiada analiza os impactos dos distintos escenarios de transición climática sobre o sector das finanzas.

En opinión de Juan Carlos Reboredo, “as repercusión van máis alá dos beneficios das compañías; o risco climático afecta tamén á capacidade crediticia e, polo tanto, á valoración das empresas nos mercados financeiros”. A investigación considera tres escenarios de transición climática, de acordo coa narrativa da rede NGFS-Network of Central Banks and Supervisors for Greening the Financial System, e avalía o impacto do risco sistémico de cada un dos tres escenarios nas empresas financeiras, tanto en termos de rendemento como en termos de déficit de capital.

En ambos apartados analizados polo traballo, os resultados da investigación evidencia significativas diferenzas entre o subsector da banda, as compañías aseguradoras, as empresas de servizos financeiros e as empresas inmobiliarias para o período 2013-2020. O estudo identifica así “gañadores e perdedores potenciais, e incide na necesidade urxente de incorporar o risco climático á xestión integral de riscos asociados ás actividades financeiras”, explica o profesor Reboredo.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2023.