Ir o contido principal

A ETSE celebra este xoves o Día da Escola

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebra este xoves 11 o seu Día, que inaugurará ás 12:15 horas o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri.

O acto comezará coa lectura da memoria de actividades do pasado curso a cargo do secretario da Escola, José Varela Pet. A continuación entregaranse os Premios Extraordinarios Fin de Carreira, aos mellores expedientes da ETSE, aos mellores TFG e TFM e os de Calidade Lingüística de TFG e TFM.

A catedrática de Enxeñaría Química Ana Mª Soto Campos e o Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Senén Barro Ameneiro pronunciarán deseguido unha charla sobre os 20 anos de traxectoria da ETSE.

A cerimonia finalizará coa entrega dos premios Leonardo á Docencia e á Investigación, o ViAQUA ao mellor TFM no Mestrado en Enxeñaría Ambiental e o DXC ao mellor TFM no Máster en Big Data.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2019.