Ir o contido principal

A excelente conservación da muralla de Lugo centrou a conferencia do arqueólogo Enrique Alcorta

O arqueólogo Enrique Alcorta Irastorza impartiu en Humanidades unha conferencia na que puxo de manifesto que a muralla “non é só unha obra defensiva magnificamente conservada senón que soluciona unha serie de problemas técnicos de construción que aínda hoxe son enormemente complexos”. A pesar dos numerosos estudos que existen ao respecto, a muralla “continúa a desvelar os seus secretos”, advertiu, como o pon de manifesto “o descubrimento dun corpo de garda en Porta Miñá, o único conservado de todo o recinto”. Alcorta comentou tamén os cambios que supuxo a súa construción na trama urbana, coa alteración das infraestruturas, casas, necrópoles e o sector produtivo dos fornos. A súa intervención produciuse no marco do ciclo ‘¿Coñece vostede Lucus Augusti?’ que organizan a Facultade e a Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2011.