Ir o contido principal

O experto en economía da cultura Lluís Bonet imparte este xoves unha conferencia en Económicas

O experto en economía da cultura Lluís Bonet imparte este xoves unha conferencia en Económicas
O experto en economía da cultura Lluís Bonet imparte este xoves unha conferencia en Económicas

‘O valor económico da cultura e o patrimonio’ é o título da conferencia que este xoves 26 pronunciará en Santiago o profesor da Universidade de Barcelona e consultor da UE e da UNESCO, Lluís Bonet, considerado o maior experto peninsular en Economía da Cultura.

Na súa intervención, ás 20.00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, explicará cuestións como o peso do sector cultural no PIB, o impacto económico que ten un festival de música ou de cine ou o papel que pode desempeñar un monumento ou unha especialidade gastronómica no desenvolvemento territorial.

O acto está organizado polo Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC en colaboración coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.05.2016.