O experto en Historia da Música da USC Javier Garbayo explica en Ciencias da Comunicación a sinfonía número 9 de Beethoven
O profesor de Historia da Música da USC, Javier Garbayo, impartirá o vindeiro luns, día 16, ás 19:00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a charla explicativa ‘A sinfonía: Sinfonía n.9’. Esta intervención forma parte do ciclo de divulgación ‘Formas e Xéneros’ que organiza a Fonoteca Universitaria.
Xa en maio, este ciclo continuará coa participación do catedrático da Universidade compostelá Carlos Villanueva para explicar o luns, día 7, a obra ‘Tristán e Isolda’ de Wagner e o luns, día 21 o ballet no século XX. Durante todas estas xornadas, os asistentes gozarán das pezas musicais relacionadas coas charlas explicativas.