Ir o contido principal

O experto internacional en varamentos de cetáceos Antonio Fernández ofreceu un relatorio en Veterinaria

Antonio Fernández, á dereita, conversando con Luis Botana e Maribel Quiroga, en Veterinaria
Antonio Fernández, á dereita, conversando con Luis Botana e Maribel Quiroga, en Veterinaria

O experto internacional en varamentos de cetáceos e catedrático da Universidade de Las Palma de Gran Canaria, Antonio Fernández Rodríguez, ofreceu este venres na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC un relatorio baixo o título ‘Anatomía patolóxica veterinaria e varamento de cetáceos’.

Fernández Rodríguez, que tamén traballou como docente na Facultade de Veterinaria de Lugo, ten realizado numerosas investigacións sobre as patoloxías e causas de morte dos cetáceos varados, ademais de desenvolver varios protocolos de necropsia. Os resultados das investigacións desenvolvidas por Antonio Fernández, quen preside na actualidade o Grupo Científico Mundial de mortalidade de baleas e golfiños, demostraron a existencia de relación directa entre o uso do sonar en manobras militares da OTAN co varamento de cetáceos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2016.