Ir o contido principal

Expertos dos ámbitos xudicial, policial e académico participan no I Congreso de Xustiza Penal 'Xustiza Penal e Delincuencia en Galicia'

As persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo 27 de novembro

Expertos dos ámbitos xudicial, policial e académico reuniranse no I Congreso de Xustiza Penal ‘Xustiza Penal e Delincuencia en Galicia’ para debater sobre a carga de traballo dos tribunais penais, as taxas de vitimización en Galicia, as estratexias e procedementos de investigación e persecución policial e xudicial dos delitos de incendios, delincuencia urbanística ou da delincuencia organizada.
A principal finalidade é ofrecer unha visión da situación da Xustiza Penal en Galicia e das estruturas e formas de delincuencia que, pola súa prevalencia e gravidade, espertan un maior grao de interese na actualidade, mesmo obrigando a unha adaptación dos métodos tradicionais de investigación criminal.
O prazo de inscrición neste congreso, que se vai celebrar o vindeiro mes de decembro, permanecerá aberto ata o día 27 de novembro. No caso das persoas interesadas en presentar comunicacións, dispoñen ata día 28 de novembro para enviar os seus textos. Estes deberán versar sobre algunha das cinco áreas temáticas nas que se estrutura o encontro e que son órganos da xustiza penal en Galicia e a súa actividade, fenómenos delitivos especialmente relevantes na comunidade, taxas de vitimización, sensación de medo ao delito na poboación urbana galega ou relación entre a poboación e as forzas e corpos de seguridade.
O encontro está dirixido a estudantes de Criminoloxía ou de calquera dos estudos oficiais relacionados coa análise e coñecemento do delito, o delincuente, a vítima e o control da criminalidade, funcionarios de xustiza e de institucións penitenciarias, vixiantes de seguridade privada, directores de empresas de seguridade, detectives privados, criminólogos, membros dos corpos e forzas de seguridade, estudantes en xeral e interesados no fenómeno da criminalidade.
Para acadar máis información as persoas interesadas poden dirixirse á secretaria do Instituto de Criminoloxía da USC no teléfono 981.56.31.00 extensión 14680 ou nos correos electrónicos : icsec [at] usc.es (icsec[at]usc[dot]es), dppenfvs [at] usc.es (fernando[dot]vazquez-portomene[at]usc[dot]es), josemanuel.rebolo.sanchez [at] usc.es (josemanuel[dot]rebolo[dot]sanchez[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.11.2008.