Expertos analizan en Lugo a situación do ferrocarril en Galicia
A Escola Politécnica Superior de Lugo acolle este xoves 19, ás 18:00 horas, a xornada ‘O ferrocarril en Galicia: unha infraestrutura pendente”.
O director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno, será o encargado de presentar este encontro no que se impartirán dúas conferencias: ‘O investimento en ferrocarril na estratexia do transporte sostible’ a cargo de Manuel Martínez, presidente da Comisión de Infraestruturas da Confederación de Empresarios de Galicia e vogal do Consello Social da USC, e ‘O ferrocarril na estratexia do desenvolvemento da Galicia interior: Ourense e Lugo’, da man de Xosé Carlos Fernández Díaz, enxeñeiro técnico de Obras Públicas e autor de dous libros titulados “O ferrocarril en Galicia’.