Ir o contido principal

Expertos de todo o Estado analizan as particularidades do Dereito sucesorio galego

As peculiaridades e os problemas de interpretación que suscita a regulación galega da sucesión mortis causa estudarase no transcurso dunhas xornadas que se van celebrar na Facultade de Dereito entre o 16 de abril e o 15 de maio.
Docentes das universidades da Coruña, Santiago, Pompeu Fabra e Zaragoza, xunto con notarios de diversos concellos da xeografía galega e representantes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia profundarán nos aspectos que definen xuridicamente a cuestión sucesoria, comezando cunha análise da Lei 2/2006 de Dereito Civil de Galicia e continuando con outras cuestións como os testamentos, a lexítima, a apartación, o pacto de mellora, a partición hereditaria ou experiencias noutras comunidades como a aragonesa ou a catalá.
Os universitarios de Dereito e Relacións Laborais que se matriculen poderán validar a súa asistencia, como mínimo ao 80 por cento das sesións, por dous créditos de libre configuración. Para acadar máis información, as persoas interesadas deben dirixirse á secretaría do Departamento de Dereito Común (981.563.100, ext. 14735 ou no enderezo de correo electrónico pablo.perez [at] usc.es (pablo[dot]perez[at]usc[dot]es)).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.04.2009.