Expertos e docentes danse cita na I Xornada de Investigación Biosanitaria
A investigación biosanitaria é obxecto de debate durante a xornada deste xoves, 14 de abril, no Complexo Hospitalario Universitario. O seminario, que ten lugar na Aula Magna do Pabellón Docente Novoa Santos, será inaugurado ás 13:30 horas nun acto ao que asistirá o reitor da USC, Juan Casares Long. Porén, a I Xornada de Investigación Biosanitaria, comezará ás 10:00 horas, coa intervención da presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia, María Teresa Miras Portugal sobre ‘Receptores de nucleótidos: dianas en las patologías neurales’. Tamén participan no encontro a responsable da Fundación IDICHUS, Sonia Martínez, o director de Innovación del Hospital Clínic de Barcelona, Joan Bigorra, que falarán da investigación e innovación biomédica nos seus respectivos centros. A quenda da tarde centrarase na ‘Presentación de liñas e proxectos de investigación realizados nos hospitais de Galicia’, a través de sendas exposicións.