Ir o contido principal

Expertos de toda España profundan na USC na valoración económica financeira de patentes e outros resultados de investigación

Participaron profesionais de universidades e centros de investigación de toda España

O Taller de Valoración Económica Financeira de Patentes e Outros Resultados de Investigación reuniu no Centro de Estudos Avanzados e na Facultade de Ciencias e Empresariais da USC a un vintena de profesionais dedicados á transferencia de tecnoloxía e resultados de investigación de catorce universidades e centros de investigación de toda España. O taller era unha proposta formativa da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento recoñecida polo plan de formación 2012 da RedOTRI. A súa finalidade é introducir ao persoal técnico das OTRI no ámbito da valoración, proporcionando unha visión completa das diferentes técnicas existentes para este cometido. Co programa proposto profundouse de xeito práctico nas técnicas máis aplicables á valoración de tecnoloxías, mediante a presentación de modelos en folla de cálculo especialmente deseñados para a valoración en casos de transferencia tecnolóxica. A metodoloxía para o seu desenvolvemento foi carácter expositivo no caso dos contidos teóricos e conceptuais; participativa no relacionado coa análise, discusións e achegas dos asistentes sobre os modelos de valoración presentados; e práctica na probo destes modelos. Tres foron os relatores do curso, o responsable da Unidade de Patentes da Universitat Autònoma de Barcelona, Xavier Sánchez Vallvé; o responsable da Área Económica Financeira de Unirisco Galicia, SCR SA e Uninvest SGECR, S.A, Santiago López González; e Alfonso Rodríguez Sandias, profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC, así como coordinador do grupo de investigación Valoración Financiera Aplicada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2012.