Ir o contido principal

Expertos internacionais analizan na USC a repercusión da crise económica na conciliación da vida laboral e familiar

A USC organiza o congreso internacional ‘Conciliación da vida laboral e familiar e crise económica: unha visión dende o dereito comparado’ que se celebra este venres 25 e sábado 26 na Facultade de Dereito e que contará coas achegas de importantes expertos internacionais. O congreso será inaugurado polo reitor Juan Casares ás 9.30 horas e ao que seguirá a conferencia da catedrática da Universidade de Valencia e Vicepresidenta da Asociación Española de Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social, Remedios Roqueta Buj, quen falará da conciliación da vida laboral e familiar tras a reforma laboral de 2012 en España. A continuación será a quenda do catedrático de Dereito do Traballo da Universidad de Vigo Jaime Cabeza Pereiro coa charla ‘Tempo de traballo, racionalización de horarios e conciliación en España’. As 12.00 horas, os profesores Jo Carby-Hall, da Universidade de Hull en Reino Unido, e Manfred Weiss, da Universidade de Goethe en Alemaña, aportarán a súa visión sobre as medidas de conciliación en Alemaña e a crise económica. A mañá rematará cun debate aberto á participación. A xornada continúa pola tarde coa mesa redonda na que se abordará o teletraballo en España, a Unión Europea e Arxentina como medida de conciliación, na que participarán a profesora da Universidade de Sevilla, Esperanza Macarena Sierra, a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Xunta, Natalia Prieto e a coordinadora de Teletraballo no Ministerio de Traballo de Arxentina, Viviana Laura Díaz. A sesión estará moderada pola profesora de Dereito do Traballo da USC, Lourdes Mella. O resto da xornada dedicarase á presentación de comunicacións. A sesión do sábado 26 abordaranse as medidas de conciliación en Reino Unido e en italia, así como un balance sorbe políticas de conciliación na Unión Europea na sociedade actual. O congreso clausurarase coa conferencia do catedrático da Universiodade de Sevilla Jesús Cruz Villalón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2014.