Expertos internacionais en Química Organometálica reúnense na USC
Expertos internacionais participan ata o venres 12 na XXVI Reunión do Grupo Especializado en Química Organometálica que se inaugura oficialmente este martes ás 19:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Segundo explica o presidente do comité organizador, Xosé Manuel Vila, o congreso achegará as aplicacións actuais e futuro desta disciplina.
Á apertura asisten a vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso; e o director xeral de Universidades, Xosé Ramón Leis; de Turismo, Rubén Lois; e de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde Pumpido. No acto tamén participan a responsable de Educación do Concello de Santiago, Guadalupe Rodríguez, e o presidente do comité organizador do congreso, Xosé Manuel Vila.
O encontro continúa o mércores, ás 9:30 horas, na Facultade de Medicina coa conferencia do catedrático da Universidade de Oviedo, José Jimeno, sobre algúns compostos e as súas utilidades. Xa ás 10:30 horas, a profesora da Universidade de Castilla La Mancha, Blanca Manzano, impartirá o relatorio ‘Interaccións Non Covalentes en Complexos Metalorgánicos con Ligandos Derivados de Triazina’. O resto da xornada seguirá coa intervención de expertos de Londres, Sevilla, California, Valladoliz, Zaragoza, Huelva e Santiago.