Expertos internacionais reúnense en Historia nunha conferencia que relaciona destinos turísticos e patrimonio
O Centro de Estudos Turísticos da USC (CETUR) organiza en colaboración co Instituto Politécnico de Leiria e a Universidade de Salento a ‘1st EJTHR International Conference Destination Branding, Heritage and Autenticity’. Este encontro celebrarase este xoves 21 e o venres 22 no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia promovido polo European Journal of Tourism, Hospitality and Recreation. O reitor Juan Casares presidirá a inauguración da conferencia este xoves ás 9.30 horas nunha sesión na que tamén está prevista a asistencia da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso; o concelleiro de Medio Rural, Alumeado Público, Abastecemento e Saneamento, Luís García Bello; e o director do CETUR, Xosé Manuel Santos Solla. De inmediato darán comezo as sesións académicas cun primeiro bloque temático dedicado á avaliación da relación entre antropoloxía e turismo e no que tomarán a palabra John Eade, da Universidade de Roehampton, quen falarás obre globalización e lugares sabrados; Mike Robinson, da Universidade de Birmingham, referíndose ao patrimonio; e Agustín Santana Talavera, de La Laguna, que achegará unha visión antropolóxica do turismo. Especialistas internacionais Durante estes dous días intervirán destacados especialistas no ámbito da investigación turística, situando a Santiago nun lugar relevante do debate turístico. Xunto aos xa comentados, tamén estarán presentes Noga Collins, da Universidade de Haifa, que relacionará os espazos sagrados e patrimoniais; e Knut Lindkvist cunha reflexión sobre os fisterras europeas. Ademais, está prevista a intervención doutras especialistas como Anna Trono da Universidade de Salento, Maria Santos do Instituto Politécnico de Leiria ou Fiorella Daralli da Universidade de Boloña, entre outros. O programa inclúe tamén o debate de máis de 100 traballos multidisciplinares presentados por especialistas procedentes de 30 países, como Australia, India, Turquía, Nixeria, Brasil, Italia, Portugal, Israel ou Irán. Máis información na web do encontro http://www.project.ejthr.com.