Ir o contido principal

Expertos noruegueses en resolución xudicial de conflitos de propiedade e tenencia da terra visitaron o Campus lugués

Expertos noruegueses en resolución xudicial de conflitos de propiedade e tenencia da terra visitaron o Campus lugués
Expertos noruegueses en resolución xudicial de conflitos de propiedade e tenencia da terra visitaron o Campus lugués

Un grupo de expertos noruegueses en resolución xudicial de conflitos de propiedade e tenencia da terra acaba de visitar o Sistema de Información Territorial (SIT), o Laboratorio do Territorio (LaboraTe) do grupo de investigación Territorio e Biodiversidade, así como o IBADER, no Campus de Lugo. Trátase dun grupo de expertos e xuíces que traballan no sistema xudicial Jordskifte de Noruega -Corte de Concentración Parcelaria- resolvendo conflitos de lindes de parcelas, dereitos históricos de propiedade, concentración parcelaria rural e urbana ou disolución de propiedade comunal. A súa función é tamén resolver casos de delimitación de propiedade privada e pública e estipular compensacións ou prescribir novas regras de usufruto. O grupo interesouse pola estrutura da propiedade en Galicia, o sistema catastral, o Banco de Terras de Galicia (Bantegal) e a aplicación SIG desenvolvida dentro do LaboraTe para a xestión das bases de datos xeográficas deste servizo da Xunta de Galicia, a situación respecto do aproveitamento dos montes veciñais e en man común, así como o proceso histórico de concentración parcelaria. Finalmente visitaron algunhas zonas de concentración parcelaria na área de Mondoñedo. Entre os visitantes atopábase o xuíz de apelacións Per Kåre Sky, que participa como profesor invitado no Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio da USC na materia de Negociación e resolución de conflitos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.02.2012.