Ir o contido principal

Expertos da USC participan en decembro nun seminario sobre a conservación dos océanos

O director da Estación de Bioloxía Mariña de A Graña da USC, Victoriano Urgorri, participará o 11 de decembro nunha mesa redonda sobre o estado do medio mariño incluída no seminario ‘A conservación en acción. O desafío de conservar os océanos’ que organizan o CEIDA e os Museos Científicos Coruñeses.
O encontro, para o que xa está aberta a inscrición e polo que se outorgará un crédito de libre configuración, terá lugar o día 10 no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, e o 11 na Domus. Os distintos expertos estudarán nel os instrumentos e as ferramentas necesarias para a conservación do medio mariño, dando a coñecer diferentes proxectos de conservación que están en marcha para frear a perda da biodiversidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2009.