Ir o contido principal

Expertos en veterinaria analizarán en Lugo os casos de estrés nos animais

Representantes da empresa de saúde animal ‘Intervet / Schering-plough animal health’ impartirán este xoves 11 ás 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria de Lugo unha conferencia sobre etoloxía clínica. O delegado veterinario de ‘Intervet’, Adolfo Macía; o xerente de área da empresa, Pablo Seco; a directora técnica, Federica Burgio; e o director veterinario da Clínica Santa Cruz de A Coruña, Javier Astorga, falarán sobre as novas tipoloxías, causas e manifestacións do estrés nos animais.
Esta conferencia enmárcase dentro do ciclo ‘Compromiso das empresas coa formación do veterinario’ que se está a desenvolver na Facultade de Veterinaria dentro do programa de actividades para celebrar o seu 25 aniversario.
Os relatorios continuarán ata o vindeiro mes de abril coa participación de representantes de empresas como ‘Esteve Veterinaria’ ou ‘Merial’, que abordarán diversas temáticas relacionadas coa saúde animal e coa formación do profesional veterinario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2010.