Ir o contido principal

Exposición colectiva de fotografía na Facultade de Ciencias da Comunicación

Fotoforum Compostela inaugura este xoves 6 na Facultade de Ciencias da Comunicación unha exposición colectiva que permanecerá aberta ata finais de maio. A apertura oficial terá lugar ás 20.00 horas e nela participarán o director de Cultura da USC, Pablo Sampedro, e o fotógrafo compostelán Fuco Reyes, promotor do fotoforum e responsable da aula de fotografía da universidade compostelá. Fotoforum Compostela, composto por fotógrafos e fotógrafas tanto amateur como profesionais, pretende ser un espazo de encontro, debate e aprendizaxe no que compartir a paixón pola fotografía a través de diferentes actividades. Este grupo de traballo comezou a súa actividade en 2012 da man de Fuco Reyes e contou para as súas sesións de traballo co apoio da Universidade de Santiago a través da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua e do Centro Galego de Arte Contemporánea. A mostra colectiva, cunha temática heteroxénea, recolle máis de 30 fotografías da autoría de Marcos Castro, Marta González, Marga Aboal, Luís Polo, Mino Andrade, María Joao Matos, Amparo, Pedro Saco, Anabel Carrión, Marcial San Martín, Rafael Arroyo, Raquel Cespón, Helena Saa, Manuel Alonso, Amanda Pardal, Susana González, Denisse Lozano, Enrique Girón, Jovita Muñoz, Lucía Terzi, Ana Rello, Elena Botana, Manuel Paz, Paola Rodriguez, Miguel Méndez, Nuria Ferández, Esther Taboada, Lara Araújo, Raquel Cordeiro, Ramiro Olivera e María Castro. No acto de inauguración presentarase ademais a páxina web de Fotoforum Compostela, que albergará unha galería de imaxes das fotos da exposición e un perfil dos autores e autores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2013.