Ir o contido principal

A exposición ‘Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago’ abrirá as súas portas no Colexio de Fonseca

O Colexio de Fonseca acollerá dende este sábado 9 a exposición ‘Domus Iacobi. A historia da Catedral de Santiago’, proposta expositiva que forma parte do programa de actividades do oitavo centenario da consagración do templo compostelán. A inauguración oficial da mostra celebrarase este sábado 9 ás 19:30 horas coa presenza do reitor Juan Casares; o presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o deán da Catedral de Santiago, José María Díaz; o comisario da mostra, Ramón Yzquierdo; e o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo. Domus Iacobi desenvólvese en nove ámbitos temáticos nos que, cunha orde cronolóxica, abórdanse os principais fitos da historia e a arte da Catedral a través dalgunhas das súas pezas artísticas e documentais máis destacadas. Trátase de pezas procedentes do Museo e Arquivo catedralicios, sumándose igualmente algunhas obras de cedidas para a mostra.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2011.