Ir o contido principal

A exposición 'O Himno. Os tempos son chegados' amplía o seu período de apertura ao público

Manterase no Colexio de Fonseca da USC ata o vindeiro 7 de setembro

A Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela (USC) amplía ata o vindeiro 7 de setembro o período de apertura da mostra O Himno. Os tempos son chegados,que se pode ver actualmente no Claustro do Colexio de Fonseca.
A mostraA mostra conmemora o centenario da primeira interpretación do Himno galego no Teatro Tacón da Habana o 20 de decembro de 1907. A través dunha serie de paneis explicativos, os asistentes coñecerán o contexto no que se forxou uns dos símbolos máis importantes de Galicia.
O Himno galego xorde nunha época na que as sociedades de emigrados son un fervedoiro de iniciativas políticas, sociais e culturais que sinalan novos horizontes de liberdade e prosperidade. A partir de 1909, comeza a xeneralizarse en Galicia a interpretación pública do himno ao mesmo tempo que empeza a popularizarse o uso da bandeira azul e branca. Os dous símbolos representan hoxe aos galegos e galegas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2008.