A exposición 'O Himno. Os tempos son chegados' pechará as súas portas o 7 de setembro
O público interesado disporá do que resta de semana, ata o próximo día 7, para achegarse á mostra O Himno. Os tempos son chegados,actualmente no Claustro do Colexio de Fonseca e que recentemente ampliou o seu período expositivo dada a boa acollida de público.
A mostraA mostra conmemora o centenario da primeira interpretación do Himno galego no Teatro Tacón da Habana o 20 de decembro de 1907. A través dunha serie de paneis explicativos, os asistentes coñecerán o contexto no que se forxou uns dos símbolos máis importantes de Galicia.
O Himno galego xorde nunha época na que as sociedades de emigrados son un fervedoiro de iniciativas políticas, sociais e culturais que sinalan novos horizontes de liberdade e prosperidade. A partir de 1909, comeza a xeneralizarse en Galicia a interpretación pública do himno ao mesmo tempo que empeza a popularizarse o uso da bandeira azul e branca. Os dous símbolos representan hoxe aos galegos e galegas.