Ir o contido principal

Nova exposición na Igrexa da Universidade con obras das coleccións de ARCO, IFEMA e CGAC

Inaugúrase este xoves, 1 de decembro, ás 20.00 horas

A Universidade de Santiago e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inauguran este xoves, 1 de decembro, na Igrexa universitaria da Compañía unha nova exposición con obras das Coleccións da Fundación ARCO, de IFEMA e da Permanente do CGAC. Ao acto, ás 20.00 horas, asisten o reitor da USC, Juan Casares, e o director do CGAC, Miguel von Hafe. A obra Mystique de Carlos Congost abre esta exposición que pretende dialogar coa igrexa a través dunha serie de obras de arte contemporánea que levan ao concepto do místico.

Todo o espazo encherase con obras pictóricas, escultóricas, fotográficas e instalacións de Vivek Vilasini, Jorge Barbi, Manuel Vilariño, María Pía Oliveira, Sofia Jack, Richard Orjis e Anthony Goicolea, Brigitte Kowanz, Jiri Georg Dokoupil, Antoni Tàpies, Isaque Pinheiro, Din Matamoro , Christian Boltanski, Jack Leirner, Elmgreen Dragset, Mónica Alonso, Marie-Jo Lafontaine, Joan Fontcuberta e George Rousse.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2011.