Ir o contido principal

A exposición 'A Ronda' poderase ver no Campus de Lugo ata o 22 de xaneiro

Na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, dentro da programación de Lugo Cultural

A exposición de fotografías ‘A Ronda’, que amosa o último traballo da Compañía de Teatro USC-Lugo, estará aberta ao público ata o 22 de xaneiro de 2009 nas instalacións da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo.
A mostra recompila imaxes sacadas por Mario García Herradón, da montaxe da obra homónima de Artur Schnitzler, dirixida polo dramaturgo Quico Cadaval, e que pon en tela de xuízo a liberación sexual e a hipocrisía da sociedade.
Nesta obra de teatro participou un grupo de nove actores universitarios da Compañía cos que Cadaval leva traballando dous anos. A exposición está aberta ao público de luns a venres en horario de nove da mañá ás nove da noite, de xeito ininterrompido.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2008.