Ir o contido principal

A exposición 'Science & Art: ENCIGA/CERN' indaga na relación entre Ciencia e Arte

A inauguración celebrarase este martes 7 na Facultade de Ciencias da Comunicación

Co obxecto de dar a coñecer a existencia do CERN e da Física de Partículas ao tempo que amosar unha nova forma de relación entre Ciencia e Arte, a Vicerreitoría de Cultura da USC inaugura este martes 7 na Facultade de Ciencias da Comunicación a exposición de pintura ‘Science & Art: ENCIGA/CERN’, da profesora Margarita Cimadevila. A inauguración celebrarase a partir das 19:00 horas nun acto no que intervirán o vicerreitor de Cultura, Elias Torres, a propia pintora e o vicedecano do centro, Xosé Pereira.
A mostra, que se poderá visitar ata o vindeiro 31 de outubro, confórmana catorce obras de técnica mixta de gran formato acompañadas dun texto explicativo no cal a autora explica os principios, ecuacións, leis... do mundo da Física dos que parte para facer o seu traballo artístico.
Margarita Cimadevila é profesora de Física e Química, traballo que compaxina co de pintora. Neste campo experimentou distintas vertentes temáticas, baseándose nos petroglifos galaicos e nas culturas antigas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.10.2008.