Ir o contido principal

A Facultade de ADE celebra este mércores unha xornada sobre a situación e os procesos de dixitalización na empresa

Cartaz da xornada sobre dixitalización da empresa
Cartaz da xornada sobre dixitalización da empresa
A sesión, que estará estruturada en tres relatorios, comezará ás 12.00 horas na Aula Magna do centro universitario lugués
Lugo

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo celebrará este mércores 23 de outubro, a partir das 12.00 horas, na Aula Magna do centro universitario, unha xornada sobre a situación e os procesos de dixitalización nas empresas.

A decana Begoña Barreiro Fernández será a encargada de abrir este foro, que está estruturado arredor de tres relatorios. O presidente da Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic), José María López Bourio, abrirá a quenda de intervencións cunha charla baixo o título ‘Situación da dixitalización da empresa na nova economía’.

A dixitalización da banca será a temática sobre a que verse a intervención do responsable de Negocio Dixital de Banco Santander Lugo, Jesús Otero Díaz, mentres que o director de márketing de Trustynet SL, Juan Diego Gallego Seoane, pechará a xornada cun relatorio sobre experiencias no proceso de dixitalización de pequenas empresas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2019.