Ir o contido principal

A Facultade de ADE celebra o venres o acto de diplomatura da XXIX promoción do centro

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas celebra este venres 23 o acto de graduación da XXIX promoción da Diplomatura en Ciencias Empresariais do Campus de Lugo.
O acto terá lugar ás 19:00 horas na Aula Magna da Facultade, presidido polo vicerreitor de Coordinación do Campus, Carlos Herrero. Nesta ocasión, actuará como padriño da promoción Ángel Hermida, que é o xerente da empresa Muebles Hermida, e que se dirixirá aos alumnos para falar da súa experiencia.
Tras a entrega de insignias, intervirá no acto o vicedecano da Facultade, Manuel Veiga, e o representante dos alumnos. Á esta sesión están invitados distintas personalidades da vida cultural, política e social de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2008.