Ir o contido principal

A Facultade de ADE celebra este venres unha xornada sobre emprendemento universitario e iniciativas emprendedoras

A sesión comezará ás 12.00 horas no salón de graos do centro universitario lugués

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas celebrará este venres, a partir das 12.00 horas, no salón de graos, unha xornada de emprendemento universitario e iniciativas emprendedoras, no marco da que distintos relatores procederán á presentación da oficina da área de Valorización e Transferencia e Emprendemento da USC, así como do Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras.

A presentación ao alumnado asistentes a esta sesión informativa sobre os programas de bolsas BoosterWE e M2M da Rede Emprendia e os testemuños e experiencias de universitarios emprendedores que hoxe representan firmas de base tecnolóxica, tales como o son Tabstelab ou 3eData, completan o programa desta xornada sobre emprendemento universitario organizada polo Decanato da Facultade de ADE.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.04.2016.