Ir o contido principal

A Facultade de ADE favorece a formación práctica do alumnado con programas de visitas e estadías en empresas da contorna

Alumnado da Facultade de ADE de Lugo, nas instalacións que ten a firma Jim Sports en Palas de Rei
Alumnado da Facultade de ADE de Lugo, nas instalacións que ten a firma Jim Sports en Palas de Rei
A decana Begoña Barreiro cifra en máis de medio centenar o número de firmas que manteñen convenios e acollen visitas de estudantes do centro universitario lugués

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo favorece a formación práctica do seu alumnado con programas de visitas e estadías formativas optativas en preto de medio de centenar de empresas da contorna luguesa.

A decana do centro universitario lugués, Begoña Barreira, sinalou que este tipo de actividades complementarias promovidas desde a facultade, pero tamén a iniciativa do profesorado, contribúen a que o alumnado de últimos cursos do grao en Administración e Dirección de Empresas teñan a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos.

Estas iniciativas de achegamento do estudantado ao tecido empresarial permite asemade un coñecemento directo e de primeira man do funcionamento de cada negocio e tamén dos procesos de produción, distribución, comercialización…, ademais dos modelos de organización, comentou Barreiro, para logo lembrar que cada ano uns 30 alumnos e alumnas completan estadías en prácticas en diversas empresas.

A intensa vinculación que mantén a Facultade de ADE do campus de Lugo co tecido empresarial da contorna tradúcese na existencia duns 40 convenios con firmas que están en disposición de acoller a estudantes en prácticas. Esta cifra de empresas colaboradoras é sensiblemente maior se contabilizamos aquelas empresas ás que se realización visitas específicas, sinalou Barreiro.

Unha das últimas viaxes a empresas promovidas polo profesorado de ADE foi a protagonizada ás instalacións da firma que Jim Sports ten en Palas de Rei. Esta visita, na que participaron alumnos e alumnas da materia de Organización da Produción, de cuarto curso do grao en ADE, desenvolveuse baixo a titoría dos profesores Alejo Becerra Díaz e Sandra Castro González.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2019.