Ir o contido principal

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo doa 200 quilos de alimentos non perecedoiros a Cáritas de Sarria

Cartaz anunciador da campaña de recollida de alimentos na Facultade de ADE
Cartaz anunciador da campaña de recollida de alimentos na Facultade de ADE

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo doará 200 quilos de alimentos non perecedoiros a Cáritas de Sarria, unha pequena achega solidaria coa que pretende poder axudar ás persoas necesitadas nestas datas de Nadal.

Os víveres doados foron aportados polos estudantes do propio centro universitario, ademais de por todas as persoas que traballan na facultade de ADE durante a campaña de recollida de alimentos posta en marcha a comezos de decembro e que chega hoxe ao seu remate. O equipo de dirección da facultade luguesa agradece a colaboración recibida dos membros da comunidade universitaria que participaron nesta campaña solidaria. A maioría dos produtos alimenticios recollidos a través desta iniciativa son aceite, pasta, arroz, legumes, fariña e azucre.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2013.