A Facultade de Ciencias da Educación celebra o seu patrón Frei Martín Sarmiento
A Facultade de Ciencias da Educación da USC celebrará este venres 8 o seu patrón Frei Martín Sarmiento cun acto académico presidido polo reitor Juan Casares Long e no que Agustín Fernández Paz pronunciará a conferencia ‘Memoria dunha xeración’. O acto dará comezo ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e nel participará tamén o decano, Luis Ferradás. Logo da conferencia de Fernández Paz terá lugar a entrega dos diplomas dos premios extraordinarios de diplomatura, licenciatura, master e doutoramento e dos premios á calidade lingüística. O acto rematará coa entrega do recoñecemento ‘Sarmiento de Honra’ aos docentes Xosé Manuel Vez Jeremías, Xosé Manuel Domínguez Castiñeiras e José Antonio Cajaraville Pegito