A Facultade de Ciencias da Educación celebrou o seu patrón Frei Martín Sarmiento
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela celebrou este venres o seu patrón `Frei Martín Sarmiento´ nun acto académico, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, presidido polo reitor Juan Casares Long. Neste acto participou un nutrido grupo de membros dos distintos sectores da Facultade, co seu decano, Lois Ferradas, na cabeza. O conferenciante invitado foi o escritor Agustín Fernández Paz, quen falou da ‘Memoria dunha xeración’, despois de ser presentado pólo profesor Anton Costa Rico. Logo da conferencia de Fernández Paz tivo lugar a entrega dos diplomas dos premios extraordinarios de diplomatura, licenciatura, master e doutoramento e dos premios á calidade lingüística. O acto, amenizado polo Espazo de Cámara da Universidade de Santiago, rematou coa entrega do recoñecemento ‘Sarmiento de Honra’ aos docentes Xosé Manuel Vez Jeremías, Xosé Manuel Domínguez Castiñeiras e José Antonio Cajaraville Pegito A sesión presidiuna o reitor Juan Casares. Foto Alfonso-Servimav