A Facultade de Dereito celebra o luns a festividade do seu patrón San Raimundo de Peñafort
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, presidirá este luns 23 o acto académico en honra de San Raimundo de Peñafort, patrón da Facultade de Dereito.
Asisten ademais o alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa; o decano do centro, Luis Míguez Macho; o decano de Dereito da Universidade da Coruña, Miguel Gayan; a secretaria da facultade de Ciencias Xurídica se do Traballo da Universidade de Vigo, Patricia Valcárcel; a vicedecana do centro compostelán, Isabel Lirola; e o vicedecano, Santiago Brage.
A cerimonia dará comezo ás 12.00 horas no salón de actos da Facultade coa lectura da memoria correspondente ao pasado curso. A continuación, entregaráselle a insignia da Facultade ás profesoras Milagros Otero Parga e Esperanza Sixto da Silva con motivo dos seus 25 anos de servizo no centro.
O acto rematará coa entrega de diplomas ao alumnado que rematou o seu estudos o ano académico 2010-11 e as palabras do reitor.