As facultade de Física, Bioloxía, Ciencias, Matemáticas e Química celebran cun acto académico o seu patrón San Alberte Magno
O reitor Juan Viaño presidirá este venres 17 o acto académico organizado polas facultades de Física, Bioloxía, Ciencias, Matemáticas e Química con motivo da festividade do seu patrón San Alberte Magno. A sesión comezará ás 12.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Física.
O profesor José Rivas Rey pronunciará a conferencia ‘A nanotecnoloxía: oportunidades en materiais avanzados e outras áreas emerxentes’, intervención que dará paso ao acto de entrega dos premios da cuarta edición do concurso de fotografía ‘A ciencia en imaxe’.