Ir o contido principal

A Facultade luguesa de Formación de Profesorado reflexionará sobre a educación dos nenos e nenas de 6 a 12 anos

A Facultade luguesa de Formación de Profesorado reflexionará sobre a educación dos nenos e nenas de 6 a 12 anos
A Facultade luguesa de Formación de Profesorado reflexionará sobre a educación dos nenos e nenas de 6 a 12 anos

A Facultade de Formación de Profesorado de Lugo será en marzo o escenario das segundas xornadas ‘ Educando na infancia e na adolescencia’ dedicadas ao tramo de idade entre 6 e 12 anos, logo das desenvolvidas o pasado ano centradas no período 0 a 6. Os rápidos e profundos cambios que experimentou a sociedade actual tiveron unha repercusión directa na infancia e na adolescencia, na educación e nos axentes educativos -familia, escola e comunidade- de maneira que a Fundación Preescolar na Casa, xunto coa Facultade luguesa e a Fundación SM, convide a reflexionar sobre este asunto os vindeiros 3 e 10 de marzo. As xornadas pretenden ser un espazo de encontro no que analizar os novos retos que xorden ante a realidade actual e identificar posibles respostas desde unha actuación educativa respectuosa e favorecedora da satisfacción das necesidades e dos dereitos da infancia.

A necesidade da inclusión nunha sociedade na que as diferenzas están máis presentes que nunca, a importancia de ter en conta o mundo das emocións para unha educación integral e a necesaria colaboración dos distintos axentes educativos son, para os organizadores, aspectos centrais para tratar novas realidades e necesidades da infancia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2012.