A Facultade de Medicina acolle a presentación do libro ‘A implantación do hospital moderno en España’
O doutor e exconselleiro de Sanidade e Servizos do Goberno de Asturias, José García González, presentará este xoves, 28 de abril, o seu libro ‘A implantación do hospital moderno en España’. O acto terá lugar na Aula Castelao da Facultade de Medicina, a partir das 20:00 horas, e contará coas intervencións do decano, Juan Gestal e do catedrático da USC Manuel López-Ribadulla. O Ateneo de Santiago e a Facultade de Medicina organizan de xeito conxunto a presentación deste libro, no que se estuda a implantación e desenvolvemento do hospital moderno e o gran cambio que supuxo para a medicina a consolidación deste novo tipo de modelo. A tese fundamental do volume é que o Hospital General de Asturias constitúe o principal referente na modernización da asistencia hospitalaria, aínda que conta con destacados precedentes, segundo o autor.