A Facultade de Medicina recoñece o tesón da súa alumna Susana Rodríguez Gacio, campioa do Mundo de Paraduatlón na categoría TRI-6
O decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Jesús Gestal, recibiu este martes no seu despacho á alumna de 3º curso de Medicina Susana Rodríguez Gacio para felicitala polo éxito acadado recentemente en Xixón ao proclamarse campioa do Mundo de Paraduatlón na categoría TRI-6, campionato que contou coa participación de máis de 1.150 deportistas que representaban a 35 países. O decano entregoulle esta mañá un obsequio e felicitouna polo seu esforzo “que a leva a superarse con éxito cada día, sendo un exemplo para os demais”, dixo. Estudante de segundo curso de Medicina Susana Rodríguez, cunha discapacidade visual grave, adestra no Club USC de Natación e compite coas cores do Club de Triatlón Cidade de Lugo Fluvial. Na categoría TRI-6, que combina ciclismo, natación e carreira a pé toman partida persoas con impedimentos visuais. No segmento de ciclismo úsase un tándem, mentres que na carreira a pé as atletas van atadas da man.