A Facultade de Psicoloxía celebra a festividade do seu patrón Juan Huarte de San Juan
A Facultade de Psicoloxía da USC celebra este venres, día 23, a festividade do seu patrón Juan Huarte de San Juan nun acto institucional que baixo a presidencia da vicerreitora de Calidade e Planificación, Mª Paz García Rubio, se vai celebrar a partir das 12:00 horas no Salón de Actos do centro. Nesta sesión tamén estará presente o equipo decanal e a decana do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia (COPG), Rosa Álvarez Prada.
No acto, a presidenta da sección de Intervención Social do COPG e coordinadora do servizo de axuda no fogar do Concello de Santiago, Encarna Álvarez Gallego, pronunciará unha conferencia na que se analizarán as achegas dos profesionais da psicoloxía no marco da coñecida como Lei de Dependencia.
Esta sesión rematará coa entrega de diplomas conmemorativos aos licenciados no curso pasado curso 2005-2006 así como a aqueles titulados recoñecidos cos Premios Extraordinarios de Licenciatura (05-06) e Doutoramento (04-05).