Ir o contido principal

A Facultade de Química homenaxea a Antonio Casares

A Facultade compostelá de Química homenaxeará este mércores 12 ao que fora pai da Química moderna en Galicia, Antonio Casares, no ano en que se cumpren douscentos anos do seu nacemento. O acto, presidido polo reitor Juan Casares, terá lugar ás 11.45 horas na Aula Magna do centro. Será precisamente o reitor o encargado de dar comezo á sesión descubrindo unha placa na Aula Magna en honra do profesor, que a partir de agora dará nome a ese espazo. A continuación terá lugar a presentación do libro sobre Antonio Casares editado para a ocasión por Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) a cargo de do seu presidente, Paulino Estévez Alonso. A xornada continuará coa conferencia ‘Antonio Casares como químico’ do catedrático do Departamento de Química Inorgánica da USC, Manuel Rafael Bermejo Patiño. A todos estes actos asisten, entre outros, o decano da Facultade de Química, Ramón Estévez Cabana, e o decano do Colexio de Químicos de Galicia, Antonio Macho Senra. Científico pioneiro Antonio Casares, que foi reitor da USC entre 1772 a 1888, foi un científico innovador pioneiro cunha importante achega científica en moi variados campos, non só na Química. Así, destacan os seus traballos en espectroscopía, análise de augas e viños, anestésicos ou ditames periciais, ademais de ser quen descubriu os minerais Morenosita e Zaratita, o primeiro que xerou luz eléctrica en España (nun experimento realizado no claustro da Facultade de Xeografía e Historia) e quen montou o primeiro observatorio meteorolóxico de Galicia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.12.2012.