Ir o contido principal

As facultades de Ciencias conmemoran a festividade do seu patrón San Alberte Magno

As facultades de Ciencias conmemoran a festividade do seu patrón San Alberte Magno
As facultades de Ciencias conmemoran a festividade do seu patrón San Alberte Magno

As facultades de Matemáticas, Bioloxía, Ciencias, Física e Química celebraron este venres 16 a festividade do seu patrón San Alberte Magno nunha sesión académica conxunta que presidiu o reitor compostelán Juan Casares na Facultade de Física. Ademais, esta sesión forma parte da programación do Ano Antonio Casares, ciclo homenaxe a científico. Dentro desta mesma programación e ao longo de toda a semana, os centros implicados acolleron unha serie de conferencias nas que se repasou a vinculación do homenaxeado coas respectivas facultades. Á cerimonia académica asistiron a demais as decanas e decanos das facultades de Física, Química, Bioloxía, Matemáticas e Ciencias, os profesores Luis Miguel Varela Cabo, Ramón Estévez Cabanas, Mª Luz González Caamaño, Mª Victoria Otero Espinar e José M. Martínez Ageitos, respectivamente. O catedrático Carlos Pajares, do Departamento de Física de Partículas, pronunciou a lección maxistral da xornada, unha conferencia que levaba por título ‘Evolución da Física no último século e medio (revolucións e sorpresas)’. A continuación, e en representación dos centros, tomou a palabra o profesor Luis Varela Cabo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.11.2012.